Grejniec, Michael

A que sabe a lúa? / Michael Grejniec - 1ª Ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2024 - [24] p. : con il. cor ; 41cm

A medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrece unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e soños compartidos. Cunha chisca de humor; o que achega unha lúa sorrinte, burlona e algo saltadora.

Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: “Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela”, díxolle ao elefante. Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inalcanzables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación. Unha axuda mutua da que son partícipes animais moi variados: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león, o raposo... Ata que, finalmente, o máis pequeno de todos...

4º-5º-6º Educación Infantil

9788413433141

82

Coa tecnoloxía Koha